Claudio Barragán Escobar, nado en Manises (València) o 10 de abril de 1964, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
Como xogador
A fama tardou en chegarlle por problemas físicos no seu xeonllo que lle impediron facer unha mellor progresión. Típico dianteiro centro, remataba coas dúas pernas aínda que era destro e tiña un moi bo remate de cabeza.
Pertenceu ao RCD Mallorca, que en 1992 xogou a final da Copa do Rei onde destacou xunto con xogadores como Miguel Ángel Nadal, Álvaro Cervera Díaz, ou Marcos Martín e o porteiro Ezaki Badu.
No Deportivo da Coruña viviu os seus mellores anos deportivos, facendo xunto a Bebeto a gran dianteira do denominado "Superdépor", coa aliñación formada en numerosas ocasións por Liaño, Albístegui, Nando, Ribera, Miroslav Đukić, López Rekarte, Mauro Silva, Adolfo Aldana, el mesmo, Fran e Bebeto. Gañou unha Copa do Rei na tempada 1994-95.
Na tempada 1995–96 fichou polo acabado de ascender UD Salamanca, xogando 38 partidos e anotando 11 goles. O equipo non puido evitar o descenso como último clasificado.
Na campaña 1996–97 firmou polo Elche CF, en Segunda División B. Esa tempada lograron o ascenso a Segunda División, logo de quedar segundos e pasar a eliminatoria. Na tempada 1997–98 o equipo non puido evitar o descenso á categoría de bronce, logrando novamente volver a Segunda División tras a campaña 1998–99. Na tempada 1999–00 lograron a permanencia, ano no que Claudio rescindiu o seu contrato, con 35 anos.
Entre 2002 e 2004, Claudio xogou no Alone de Guardamar.
Selección nacional
En 1992 Claudio xogou 6 partidos coa selección española, onde non conseguiu ningún gol.
Como adestrador
Na tempada 2008–09 fíxose cargo do Elche. Foi destituído o 4 de outubro de 2009 debido ao mal inicio da tempada e despois de perder co Hércules CF, máximo rival, (3–0).
De cara a tempada 2014–15 non renovou coa Ponferradina, sendo substituído por José Manuel Díaz.
O 7 de decembro de 2016 anunciouse a súa contratación polo CD Mirandés até o remate da tempada 2016–17, de Segunda División, en substitución de Carlos Terrazas.[1]
Palmarés
- Deportivo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas