Claridad foi un semanario que se editou en Santiago de Compostela entre 1933 e 1934.
Historia e características
Subtitulada Semanario de Izquierdas, ao que lle engadiron De Compostela para toda Galicia dende o quinto número, apareceu o 23 de decembro de 1933. Era de tendencia republicana e o seu propósito era converterse nunha publicación de loita e crítica, voceiro da xuventude de esquerdas. Luís Seoane e Luís Manteiga foron os fundadores e codirectores; Ramón Suárez Picallo foi o vicedirector. Aínda que a maioría dos artigos viñan sen sinatura, en Claridad apareceron traballos en castelán de Antón Villar Ponte, Avelino Rodríguez Elías e Eduardo Blanco Amor. Como colaboradores artísticos participaron Castelao e Avel-lí Artís Gener, Tísner. O último número conservado é o 24 do 3 de maio de 1934.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos