Clara Millán González, nada en Liméns (Cangas) en 1966, é unha política galega do BNG.
Traxectoria
Foi alcaldesa de Cangas entre 2007 e 2011. Conseguiu o bastón de mando grazas ao apoio dos 4 concelleiros de PSdeG e os outros 3 de ACE (Alternativa Canguesa de Esquerdas).
O último ano de Millán na alcaldía foi difícil. Na vila producíronse revoltas en contra das obras que ela autorizara en Massó. No final do mandato gobernou en minoría, pois ACE saíu do tripartito e mesmo apoiou unha votación para lle quitar o soldo á alcaldesa.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas