Clara Cid Bengoa, nada en Verín, é unha enxeñeira galega. En 2021 foi galardoada polo Grupo de Deseño e Estruturas Aeroespaciais do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica (AIAA).[1][2]
Traxectoria
Clara Cid estudou enxeñería de camiños, canais e portos na Universidade da Coruña. É alumna do programa de Doutoramento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos e investigadora do Grupo de Mecánica de Estruturas da Universidade da Coruña.[2]
Premios e Recoñecementos
En 2014, obtivo o premio Puentes polo proxecto: Pasarela peonil sobre o río Miño, entre Goián e Vilanova de Cerveira.[3]
En 2021, recibiu o “2021 SwRI Student Paper Award in Non-Deterministic Approaches” no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado “Probability-Damage approach for Fail-Safe design Optimization under Aleatory Uncertainty (β-PDFSO)”.[2][4]
En 2022, recibiu o "2022 Lockheed Martin Student Paper Award in Structures", no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado "Fail-safe design optimization of an aircraft fuselage-wing section using the DamageCreator software".[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas