O Circuíto Paul Armagnac tamén coñecido como Circuíto de Nogaro é unha pista de carreiras preto de Nogaro no suroeste de Francia.
Historia
Inaugurouse o 3 de outubro de 1960 como o primeiro circuíto de carreiras construído especificamente en Francia.[1][2] Nun principio ampliouse en 1973 e 1989 ao seus actuais 3´636 km. de lonxitude. En 2007 o circuíto foi modernizado incluíndo unha nova torre de control, un novo pitlane e ampliando a pista 12 m.
Paul Armagnac
O circuíto noméase Paul Armagnac, polo piloto de carreiras, nado en Nogaro, dos anos 50 e 60.[3] Correu cun deportivo DB e matouse o 21 de outubro de 1962 nun accidente durante a práctica para os 1000 km de París en Montlhéry.
Descrición da pista
A pista é relativamente plana, con 6 m. de diferenza de elevación entre os seus puntos máis alto e máis baixo. Córrese en sentido horario e consta de dúas longas rectas, a longa recta de saída de 950 m. chamada Claude Fior polo construtor de motocicletas nado en Nogaro e a recta do aeródromo case paralela, unido por varias seccións de tramos de curvas lentas.
Eventos
Os eventos organizados no circuíto incluíron:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas