O CinemaScope é unha serie de lentes anamórficas empregadas para rodar filmes en pantalla grande entre 1953 e 1967. A súa creación polo presidente da 20th Century-Fox Spyros Skouras,[1] marcou o comezo dos formatos anamórficos modernos.
Orixes
O inventor francés Henri Chrétien desenvolveu e patentou un noveo proceso de filmación que chamou Anamorphoscope en 1926. Este foi o proceso que máis tarde formaría a base para o CinemaScope.
Na década de 1950 o público dos cines diminuíra a causa da chegada da televisión. En 1952 lanzáronse o Cinerama e os primeiros filmes en 3D desafiaron a tendencia e lograron éxitos. Isto levou a Spyros Skouras, da 20th Century-Fox, que a innovación técnica podían facer fronte ao desafío.[2] A compañía óptica Bausch & Lomb foi a elixida para producir un prototipo. O filme The Robe foi o primeiro en ser filmado coa nova tecnoloxía.
O filme da Walt Disney Lady and the Tramp (1955) foi o primeiro de animación estreado en CinemaScope.
O proceso foi substituído por Panavision, creado a finais de 1953.
Notas
- ↑ Chrissochoidis, Ilias (Ed.) (2013). CinemaScope: Selected Documents from the Spyros P. Skouras Archive. Stanford.
- ↑ Chrissochoidis, Ilias (Ed.) (2013). Spyros P. Skouras, Memoirs (1893-1953). Stanford.
Véxase tamén