Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Cimadevila.
Cimadevila é unha aldea da parroquia de San Miguel de Sarandón no concello coruñés de Vedra.
A aldea componse de 25 vivendas unifamiliares divididas en 2 núcleos de poboación claramente diferenciados; o núcleo antigo con algunha vivenda de máis de 200 anos e remodeladas formado por 10 casas e a expansión de núcleo composto por 15 casas construídas a finais do século XX e principios do XXI. Esta expansión de núcleo coñécese como Piñeiros.
Posúe unha fonte natural de frescas e saudables augas que se mantén cun caudal abundante durante todo o ano.
Patrimonio
No lugar de Montenovo existen restos dunha antiga mámoa catalogada no PXOM.
Lugares e parroquias
Lugares de San Miguel de Sarandón
Parroquias de Vedra