Cimadevila, Castrofeito, O Pino

Cimadevila

Casa de Cimadevila ao carón do Camiño Francés
ParroquiaCastrofeito
ConcelloO Pino
Coordenadas42°54′24″N 8°23′50″O / 42.906527777778, -8.3973611111111
Poboación34 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Cimadevila é un lugar da parroquia de Castrofeito, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 34 habitantes (15 homes e 19 mulleres).

Xeografía

Este casarío algo disperso encóntrase dividido entre as parroquias de Castrofeito e de Pereira, aínda que o IGE contabiliza a súa propia poboación para esta última parroquia. A división entre unha e outra parroquia ven determinada pola ladeira do monte da Barreira na que se atopa, unha na bacía do río Brandelos (Pereira) e outra na bacía do rego do Amenal (Castrofeito). Trátase dunha zona rural orientada ao leste cara á plataforma do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, polo que xusto neste lugar dá comezo unha acusada pendente, e tamén ao carón da N-547, poucos metros despois de ter pasado O Amenal. Como o Camiño Francés a Santiago pasa por esta pequena poboación xusto antes e durante a devandita suba ao aeroporto, tense desenvolvido unha pequena infraestrutura hostaleira neste lugar, especialmente xunto á estrada nacional.

O monte da Barreira de Arriba (que acada os 376 m de altitude), no que as dúas Cimadevilas se estriban na súa cara leste, non só serve de soporte a unha parte fundamental da pista de aterraxe do aeroporto, senón tamén á malograda infraestrutura do Polígono Industrial do Pino, que se ve atravesada polo Camiño tralo seu paso por Cimadevila[2].

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Castrofeito

Lugares da parroquia de Castrofeito no concello do Pino (A Coruña)

O Amenal | A Baixa | Cimadevila | Figueiroa | A Igrexa | O Pazo | O Pousadoiro | Rial | O Río Pequeno | Samil | Santiso | O Souto | O Tixoliño | Vilabuíl | Vilarrel

Parroquias do Pino

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Notas

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021. 
  2. Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.