Cidadán Benemérito da Liberdade e da Xustiza Social João Mangabeira (en portugués: Cidadão Benemérito da Liberdade e da Justiça Social João Mangabeira) é a máis alta condecoración concedida pola Asemblea Lexislativa do Estado de Baía, no Brasil. O seu nome homenaxea a João Mangabeira, xurista e parlamentario baiano que se distinguiu na defensa do estado democrático de dereito.
Historia
O título foi creado a partir da Resolución 1.222 de 1993, sendo o máis antigo da Asemblea Lexislativa do Estado de Baía.[1] Pretende recoñecer brasileiros "dedicados ás causas nobres, humanas e sociais que teñan resultado no desenvolvemento político e socio-económico do Brasil, mellorando significativamente a vida das persoas".[2]
O primeiro galardoado foi o político comunista baiano, Fernando Sant'Anna, en 2005, en ocasión da conmemoración dos seus 90 anos de idade.[3] Condecorado aos 44 anos de idade, o avogado e profesor universitario Taurino Araújo é o máis novo entre os Cidadáns Beneméritos.[4]
Galardoados
Ao longo da súa existencia, mereceron a distinción os seguintes baianos:[5]
- Carlos Alberto Dultra Cintra, expresidente do Tribunal de Xustiza do Estado de Baía.
- Fernando dos Reis Sant'Anna, ex-deputado federal constituínte.
- Francisco Waldir Pires de Souza, ex-gobernador e exministro.
- Haroldo Borges Rodrigues Lima, ex-deputado federal constituínte, expresidente da ANP.
- João Carlos de Castro Cavalcanti, xeólogo e empresario, responsable do descubrimento do depósito ferrífero de Caetité.
- Jorge Amado, escritor brasileiro (post mortem).
- Taurino Araújo Neto, avogado, articulista e profesor.
- Renato Rabelo, político e presidente nacional do PCdoB.[6]
- Carlos Geraldo D’Andrea Espinheira, sociólogo, escritor e profesor brasileiro.
- José Álvaro Fonseca Gomes, farmacéutico, banqueiro, Secreterio de Traballo, Emprego, Renda e Deporte do Estado de Baía.[7]
- Nailton de Araújo Santos, empresario.[8]
Notas