A cidade histórica de Toledo é un conxunto histórico do concello español de Toledo, declarado Patrimonio da Humanidade.
Descrición
O conxunto inclúe edificacións históricas da cidade española de Toledo, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. A área protexida abrangue o casco antigo da cidade, pechado pola muralla da cidade e polo meandro que forma o río Texo, e unha serie de zonas na beira oposta do curso fluvial. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1986.[1] A cidade tamén ten o status de Ben de Interese Cultural, ao ser declarada monumento histórico-artístico o 9 de marzo de 1940.[2]
Notas