A Cidade do Fútbol de Las Rozas é un conxunto de instalacións deportivas propiedade da Real Federación Española de Fútbol, e onde ten a súa sede social esta federación.
Baseada nunha idea do arquitecto Gerardo Ayala, autor do proxecto coñecido como «Génesis», a Cidade do Fútbol está construída sobre unha superficie de 12 ha. Este proxecto custou ao redor de 42 millóns de euros.[1]
Instalacións
A sede central da RFEF
Cinco campos de fútbol
Un ximnasio
Zona de prensa
Un pavillón multiúsos
Unha residencia deportiva
Unha área social e de formación
Servizos médicos
Datos xerais
Dirección: Ramón y Cajal, s/n CP: 28230 Las Rozas (Madrid)
A Cidade do Fútbol atópase a uns 5 km do centro urbano de Las Rozas de Madrid, xunto ao parque empresarial de Las Rozas, a 24 quilómetros da capital. Para chegar, accédese pola estrada da Coruña (A-6) e atópase xunto ao centro comercial Las Rozas Village.