Chloé Leriche, nada en Montreal, no Quebec en 1974, é unha directora de cinema canadense.[1] O seu primeiro filme, Avant les rues recibiu seis nomeamentos nos Canadian Screen Awards en 2017, incluíndo mellor filme e mellor director.[2]
Traxectoria
Leriche, cineasta en gran parte autodidacta,[1] realizou unha serie de curtametraxes e traballou como educadora con programas de formación en cinema e vídeo para mozos sen fogar e das Primeiras Nacións,[3] antes de escribir e dirixir Avant les rues.[4] A súa curtametraxe máis destacada, Les Grands, foi nomeada na lista anual de curtametraxes Canada's Top Ten do Festival Internacional de Cinema de Toronto en 2007.[5]
Avant les rues gañou o premio Borsos Competition ao mellor filme, e Leriche gañou como mellor directora no Festival de Cinema de Whistler.[6] Nos premios Directors Guild of Canada de 2016, Leriche gañou o DGC Discovery Award.[7]
O seu segundo filme, Soleils Atikamekw, estreouse no Festival du nouveau cinéma de 2023,[8] e foi preseleccionado para o DGC Discovery Award 2023.[9]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Chloé Leriche à la Berlinale avec un film en langue attikamekw" Arquivado 18 de xuño de 2018 en Wayback Machine.. Voir, 13 de xaneiro de 2016.
- ↑ "The Canadian Screen Awards nominations are out!". Now, 17 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Chloé Leriche: pour contrer l'indifférence". La Presse, 13 de abril de 2016.
- ↑ "Berlinale 2016 Women Directors: Meet Chloé Leriche – ‘Before the Streets’". Indiewire, 22 de febreiro de 2016.
- ↑ "Cronenberg, Arcand make Hogtown film festival's top Canadian movies list". Daily Gleaner, 12 de decembro de 2007.
- ↑ "Before the Streets wins big in Whistler". Playback, 5 de decembro de 2016.
- ↑ "Paul Gross takes top film honours at Directors Guild of Canada Awards". The Globe and Mail, 22 de outubro de 2016.
- ↑ Charles-Henri Ramond, "FNC 2023: la sélection québécoise". Films du Québec, 20 de setembro de 2023.
- ↑ Taimur Sikander Mirza, "Women Talking leads film nominees for 2023 DGC Awards". Playback, 20 de setembro de 2023.