José Chapela González, coñecido como Chimé, nado en 1944 e finado en Madrid o 25 de xullo de 2016, foi un avogado e político comunista galego, alcalde de Cangas logo da recuperación da democracia.
Traxectoria
Avogado de profesión, nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura electoral do PCG. Con ela obtivo cinco concelleiros, por detrás do candidato Antonio Velloso da UCD, e que ademais era o presidente do Alondras. Co apoio do BN-PG (3 concelleiros), Unidade Galega (3) e PSOE (1), conseguiu facerse coa vara de mando municipal.
Como profesionalmente traballaba en Madrid durante o mandato (1982), dimitiu e substituíuno Tucho Perete. El trasladouse a Porto Rico aínda que posteriormente regresou a España.
Véxase tamén
Outros artigos