Chen Wei (en chinés: 陈薇), nada en Lanxi (China) en febreiro de 1966, é unha epidemióloga, investigadora e supervisora de doutoramento na Academia Militar de Ciencias Médicas.[1] É coñecida na China como a terminator do Ébola, xa que en 2014 desenvolveu a primeira vacina para combater o gromo dese virus en África Occidental.[2]
Traxectoria
Chen asistiu á Universidade de Zhejiang, onde recibiu a súa licenciatura en 1988. Despois de completar a súa mestría na Universidade de Tsinghua, asistiu á Academia Militar de Ciencias Médicas, onde obtivo o seu grao de doutora en 1998. Converteuse en membro da facultade da academia despois da graduación.
Durante o gromo de síndrome respiratoria agudo grave (SARS) de 2003, desenvolveu un aerosol que permitiu que ao redor de 14.000 traballadores da saúde non contraesen o virus.[2]
O 10 de xullo de 2015, outorgóuselle o rango militar de xeneral maior (shaojiang) polo Presidente da Comisión Militar Central Xi Jinping.[3]
Foi delegada para o 12º Congreso Nacional do Pobo.[4] En xaneiro de 2018 converteuse en membro do 13º Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés.[5]
En marzo de 2020 anunciou que o seu equipo desenvolvera unha vacina contra o COVID-19.[2][6]
Recoñecementos
- Premio Xuvenil Sobresaínte Qiushi 2009
- Fondo Nacional de Ciencia para Mozos Distinguidos 2010
- Premio ao Progreso de Ciencia e Tecnoloxía da Fundación Ho Leung Ho Le, obtido o 25 de outubro de 2017
- Membro da Academia Chinesa de Enxeñaría (CAE), o 22 de novembro de 2019.[7]
Notas