Está asentado sobre un terreo elevado dende onde se divisa o mar Cantábrico rodeado do que antes foran prados e pastos. Dado que o Chao do Castro esta moi alterado pola construción de vivendas, as catas realizadas para autorizar ditas construcións non revelaron estruturas de interese. Porén, tanto nas fotos do voo americano coma nas imaxes por satélite aprécianse ben os muros que o delimitan.
A simple vista obsérvase unha estrada que o atravesa e corta en parte os muros defensivos que formaban parte dos parapetos do asentamento.
Preto atópase o castro de Burela, outro asentamento castrexo que está pouco alterado e con estruturas moito máis visibles ca neste. Confundidos habitualmente un co outro son claramente diferentes tanto en estrutura como posiblemente en función. Ámbolos dous están perfectamente catalogados no inventario municipal e no rexistro da Xunta de Galicia.[2]
↑Comendador Rey, B. (1998). "Los inicios de la metalurgia en el noroeste de la Península Ibérica". Brigantium (11).
↑Castro Pérez, L. (1990). Os torques prehistóricos. Serie Galicia. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. p. 165. ISBN84-7191-695-9.