Channel [V] Thailand é unha canle de televisión musical de Tailandia, dedica a súa programación á música internacional, arredor do 65% e á música tailandesa, o restante 35%. Naceu en 1996 froito da alianza entre STAR TV, propietaria de Channel V International, e que posúe o 49% da canle tailandesa, TrueVisions, o 26% e GMM Media o 24%. A maior parte da programación é de produción propia coa excepción de America's Next Top Model e algúns programas de Channel [V] International.