"Chandelier" é unha canción da cantante australiana Sia, procedente do seu álbum de 2014 1000 Forms of Fear. Escrita por Sia e Jesse Shatkin e producida por Shatkin e Greg Kurstin, a canción foi lanzada o 17 de marzo de 2014 como sinxelo do álbum. O seu estilo é unha mestura de electropop con música electrónica, R&B e influencias do reggae.
Vídeo musical
O vídeo musical da canción foi dirixido por Sia e por Daniel Askill, mentres que a coreografía é de Ryan Heffington. Foi lanzado o 6 de maio de 2014 e nel aparece a nova bailarina Maddie Ziegler levando unha perruca loura de Sia e interpretando a coreografía nun piso baleiro. "Chandelier" recibiu dous nomeamentos aos MTV Video Music Awards nas categorías do Mellor Vídeo do Ano e Mellor Coreografía, gañando o segundo.[1][2]
O 5 de decembro de 2014 acadou o nomeamento aos Premios Grammy ao Mellor Vídeo Musical.[3] O vídeo axiña se fixo viral en YouTube, converténdose no sétimo vídeo musical máis visto de 2014 con máis de 400 millóns de visualizacións.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas