Centro de Visitantes Cambón

Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia - Edificio Cambón
Edificio Cambón
Coordenadas42°14′21″N 8°43′32″O / 42.23925, -8.7255555555556
PaísEspaña
CidadeVigo
AdministradorConsellería de Medio Ambiente
Inauguración2012
Superficie1.500
Visitantes150.000/ano (previsión)
Na rede
http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?option=com_content&view=article&id=180&Itemid=621&lang=gl
editar datos en Wikidata ]

O Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un centro de interpretación aberto en decembro de 2012 na cidade de Vigo, de titularidade autonómica.[1] A temática é o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada), o único Parque Nacional en Galicia.

Historia do edificio

Descrición do centro de visitantes

Sitúase no Edificio Cambón (trala Colexiata de Santa María), na rúa Palma da zona antiga. Dotado de área expositiva, auditorio, aulas e zonas de oficinas, fixéronse nel obras de rehabilitación por un importe superior aos catro millóns de euros, achegados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.[2]

O espazo inclúe pinturas, esculturas, fotografías, vídeos, sons e relevos. Entre o equipamento destacan catro teletransportadores, un por arquipélago, que son cabinas nas que sobe o usuario e experimenta efectos visuais e interactivos.

A entrada é gratuíta.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas