O Centro de Información Xudía de Galicia, tamén coñecido popularmente como Museo Sefardí de Galicia,[1] é un museo galego situado en Ribadavia (Ourense) e adicado á historia e as principais singularidades do pobo xudeu en Galiza.[2]
Situado no pazo dos Condes de Ribadavia, no número 7 da Praza Maior,[3] o Centro de Información Xudía de Galicia ocupa o segundo andar do edificio, que comparte coa Oficina de Turismo e o Xulgado. A colección amosa algunhas pezas salientables da historia da comunidade xudía en Galiza como a menorá grabada nunha pedra da catedral de Tui, a lápida do século X-XI da Coruña, así como reproducións de obxectos ligados ao pobo e á cultura xudía.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Pobo xudeu en Galicia |
---|
Historia | | |
---|
Comunidades | |
---|
Sinagogas | |
---|
Outros | |
---|