O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a primeira salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e da Xunta de Galicia.
Descrición
As salinas foron descubertas en 1998 durante as escavacións da construción dun centro de saúde do Sergas. A intervención arqueolóxica estivo a cargo de J.C. Castro Carrera, da empresa Anta de Moura S.L. Decidiuse modificar o proxecto do centro de saúde para conservar e musealizar o xacemento, para o cal se investiron 1,4 millóns de euros. O proxecto do centro paralizouse en 2001 e, non foi ata finais do 2008 cando estivo preparado para a súa inauguración. A musealización da salina foi levada a cabo pola empresa Ingeniaqed S.A. e, a parte arquitectónica, polo arquitecto G. Santos-Zas.
Encóntrase no centro da cidade de Vigo, no 21-23 da rúa Rosalía de Castro, na praza do centro de saúde homónimo. A visita é gratuíta e ofrece a posibilidade de visitas guiadas. O horario de apertura ó público é de martes a domingo de 11 a 14 horas.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Inmobles | Edificios civís | |
---|
Edificios relixiosos | |
---|
Hospitais | |
---|
Arqueoloxía | |
---|
Fortificacións | |
---|
Monumentos e esculturas | |
---|
|
---|
Arte e cultura | |
---|
Deporte e instalacións | |
---|
Natureza | |
---|
Transportes | |
---|
Barrios urbanos e rúas urbanas | |
---|
Eventos | |
---|
|