Celso Currás López, nado en Vilalba o 25 de xaneiro de 1919 e finado o 2 de outubro de 2001, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Mestre (1940), procurador dos tribunais, Axudante Técnico Sanitario e licenciado en Dereito. En 1946 foi destinado a Trabada onde exerceu como mestre ata a súa xubilación. Foi nomeado alcalde de Trabada en 1958 permanecendo no cargo ata a chegada da democracia. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Trabada e foi elixido alcalde, pero renunciou ao cargo en 1982. En 1964 foi designado deputado provincial, cargo que renovou na lexislatura 1983-1987.
É pai do tamén político Celso Currás Fernández.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas