Celestino López López, nado en Portomarín en 1907 e finado en Cidade de México en 1963, foi un político galego.
Traxectoria
Axente comercial en Vigo. Membro da directiva da Asociación Gallega de Comisionistas e Viaxantes en 1929,[1] foi organizador en 1933 da Federación Nacional de Comisionistas, Viaxantes e representantes do comercio e a industria afecta á UGT.[2] Membro do grupo republicano de Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e viviu durante máis dun ano protexido por amigos e familiares. Logrou embarcar furtivamente na Coruña e exiliouse en México. Traballou como distribuidor de películas mexicanas. Formou parte da Alianza Nazonal Galega. Publicou en 1943 Embrujo del Amazonas, un libro que relataba as súas experiencias e observacións nunha viaxe por barco a través do Amazonas, que tivo unha segunda edición en 1957 co título La vida en el Amazonas. Finou en Cidade de México en 1963.
Obras
- Embrujo del Amazonas. Relatos de la vida y costumbres del Río Amazonas relatados por un hombre que vivió siete años en la selva virgen, cruzando el río mar en todas direcciones, 1943.
Vida persoal
Casou na Estrada con Concepción Pazo Álvarez en 1935.[3]
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-7-1929, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-5-1933, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-9-1935, p. 4.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas