Cegoñas (en inglés: Storks) é un filme estadounidense de 2016 producido por Warner Animation Group e distribuído por Warner Bros. Foi dirixido por Nicholas Stoller e Doug Sweetland, escrito por Stoller e está protagonizado polas voces de Andy Samberg, Katie Crown, Kelsey Grammer, Jennifer Aniston, Ty Burrell, Keegan-Michael Key, Jordan Peele, Stephen Kramer Glickman e Danny Trejo.
O filme conta a historia dunha cegoña (Junior) e a súa compañeira humana (Tulip), que traballan no centro de distribución dunha enorme tenda en liña, Cornerstore.com, situada no alto das montañas. Despois de que un neno envía unha carta á empresa, os dous crean accidentalmente unha bebé usando a desaparecida fábrica de bebés que as cegoñas usaran anteriormente no seu negocio orixinal de facer entregas de bebés. Co fin de protexer ao bebé do xerente da empresa e garantir o ascenso de Junior para sucederlo, os dous emprenden unha viaxe para entregar o bebé á familia do neno.
Cegoñas estreouse nos Ánxeles o 17 de setembro de 2016, e estreouse seis días despois en 3D, IMAX e formatos convencionais.[3] O filme recibiu críticas dispares por parte da crítica, que eloxiou a animación, o humor e a actuación de voz, mais criticaron o guión. Gañou 183 millóns de dólares en todo o mundo fronte a un orzamento de 70 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 1 de xaneiro de 2022 a través da TVG,[4] e foi traducido por Andrea Ucha Bouzada.[5]
Personaxes
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.[5]
- Voz da dobraxe galega de Ana Lemos.[5]
Notas