Ceferino Maestú Novoa

Modelo:BiografíaCeferino Maestú Novoa
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1936 Editar o valor en Wikidata
San Roque, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil de Huelva
3 de xuño de 1936 – 4 de xullo de 1936
Alcalde de Vigo
1920 – 1921
← Francisco Lago ÁlvarezAbdón Trillo Couce → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCeferino Maestú Barrio Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 20872

Ceferino Maestú Novoa, finado en San Roque (Cádiz) o 27 de xullo de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Fillo de Ceferino Maestú Sequeiros, que foi xerente da fábrica de fariñas La Molinera Gallega e presidente da Cámara de Comercio de Vigo.[1] Dirixiu o semanario La Ráfaga, foi xuíz municipal suplente de Vigo en 1915 e alcalde da cidade en 1920. Era liberal progresista e exercía de Inspector de Emigración. Debido a unha vinganza política sufriu varios traslados ata que se estableceu como avogado na provincia de Cádiz.

Republicano convencido, foi o primeiro en ondear a bandeira tricolor en San Roque o 14 de abril de 1931. Pertencía a Izquierda Republicana e nomeárono gobernador civil de Huelva o 3 de xuño de 1936, pero dimitiu o 4 de xullo e volveu ás súas ocupacións en San Roque.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polas tropas de Regulares que o utilizaron como escudo humano para chegar á fronteira de Xibraltar e despois o deixaron en liberdade. Tratou de poñer a salvo a súa familia sen éxito e viviu a pasada represiva que os republicanos vidos de Málaga fixeron por San Roque e que deixou un regueiro de cadáveres entre os que se contaban algúns amigos. Finalmente chegaron as tropas de Regulares que o detiveron e fusilaron.


Predecesor:
Francisco Lago Álvarez
 
Alcalde de Vigo
 
1920 - 1921 [2]
Sucesor:
Abdón Trillo Couce

Vida persoal

Casou con Ascensión Barrio Cordal e foi pai de Ceferino, Pilar, Trinidad e Encarnación Maestú Barrio.

Notas

  1. Ceferino Maestú, un vigués no esquecemento
  2. Antonio Giráldez Lomba: Desde África, con dolor: el otro año 'desastroso', 1921, en Vigo Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., Glaucopis n. 9, IEV, Vigo, 2003, p. 48.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas