Caño Cristales

Modelo:Xeografía físicaCaño Cristales
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaLa Macarena, Colombia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerranía de la Macarena (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónLosada River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°18′N 73°48′O / 2.3, -73.8
Conca hidrográficaBacía do río Amazonas Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude462 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións100 (lonxitude) km

Caño Cristales é un río de Colombia que se atopa na serra da Macarena, no concello do mesmo nome, no departamento de Meta, sendo tributario do río Guayabero. Foi denominado popularmente «o río dos deuses», «o río das cinco cores», «o arco iris líquido»[1][2] e mesmo «o río máis fermoso do mundo».[3] Dende finais de xullo até novembro, o seu fondo reprodúcense plantas acuáticas que coa exposición ó sol cambian as súas cores nun proceso que vai dende o verde até un vermello intenso, o que produce a sensación de estar fronte a un río de seis cores: vermello (causado pola Macarenia clavigera), amarelo, verde, negro, azul e rosado principalmente.[4]

Descrición

Poza do río no sector de Los Ochos.

Sendo un río de menor lonxitude e anchura, o Caño Cristais non alcanza os 100 km de lonxitude nin excede os 20 m de ancho. É unha sucesión de rápidos, fervenzas e pocetas cuxas augas despréndense da meseta sur da serranía da Macarena, onde se sitúa o seu nacemento. As augas discorren cara ó río Guayabero, recollendo ó seu paso afluentes das sabanas rochosas da Serra.

Notas

  1. Catchpole, Karen. "Colombia's 'Liquid Rainbow'". Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  2. "Caño Cristales". Atlas Obscura (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  3. Anónimo «Visita el río más hermoso del mundo». National Geographic en español.
  4. Caño Cristales, ed. (11 de xaneiro de 2015). "Macarenia Clavigera: la planta acuática de Caño Cristales" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén