O caviar Beluga é un caviar que consiste nas ovas ou míllaras do esturión beluga, a especie Huso huso, da familia dos acipenséridos.
Este esturión encóntrase principalmente no mar Caspio, o lago de auga salgada máis grande do mundo, que está bordeado por Irán e os antigos países da antiga URSS, hoxe da CEI, Azerbaidján, Kazakhstán, Rusia e Turkmenistán.
Tamén pode encontrarse na conca do mar Negro e, ocasionalmente, no mar Adriático.
O caviar Beluga é o máis prezado e caro dos caviares,[1] cuns prezos no mercado que oscilan desde os 7.000 aos 10.000 dólares por quilogramo.[2][3]
Notas
Véxase tamén