Catro pregarias no albor da Lúa Morta é o primeiro álbum de longa duración da banda galega de pagan metal, Mileth.
Foi publicado en 2019 e consta de 9 temas.
Temática e estilo
O fío condutor son os catro elementos da natureza e a viaxe da vida dende o nacemento até o alén, baseándose na cultura popular galega. Combina elementos da cultura e música tradicional galega e celta como gaitas, frautas, arpa, cantareiras ou acordeón con elementos do black metal como blast beats, voces guturais e distorsión.[1]
Produción
Foi gravado entre xuño e xullo de 2017 no estudio Zoilo Unreal de Vigo e publicado o 5 de marzo de 2019. As letras foron escritas por Marcos do Relicario, igual que a música da maioría de temas.[2] Publicáronse, ademais da edición dixital, dúas edicións físicas: unha distribuída polo selo discográfico ruso SoundAge e unha edición especial coa discográfica Darkwoods, incluíndo esta última un documental en DVD sobre o grupo.[1][3] Contou coas colaboracións dos músicos tradicionais Xulia Feixóo, Anaïs Barbier, Xela Conde, Suso Riveira, Xoio Carmesí, Xurxo Fernández e Xulio Abal.[2]
Premios
O videoclip do segundo tema do disco, "De bruma e salitre", dirixido por Xaime Miranda, gañou o premio ao mellor videoclip no Festival Primavera do Cine de Vigo.[4]
Cancións
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"O Son do buxo baixo a sombra do Xistral" |
7:33 |
2. |
"De bruma e salitre" |
6:39 |
3. |
"Do morto e espiral silencio (Interludio a Bríxida)" |
1:35 |
4. |
"Esperta, letárxica e erma fraga!" |
6:42 |
5. |
"Ela, que camiña entre as raíces do Frío inferno" |
6:03 |
6. |
"Petros, axioma da terra" |
7:03 |
7. |
"Mitolóxica errante: Ith" |
8:43 |
8. |
"No albor da lúa" |
1:29 |
9. |
"Cuarta pregaria na Lúa Morta (versión acústica)" |
5:01 |
50:48 |
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Notas