A Catedral de San Vicente mártir de Roda de Isábena é unha catedral románica que foi sede da diocese de Roda-Barbastre entre 887 e 1149, ano no que foi trasladada ó bispado de Lleida. Roda é a localidade española máis pequena cunha sede catedralicia, se ben deixou de ser sede episcopal no ano 1851 e actualmente só é un centro parroquial aberto a culto.
O edificio data dos séculos XI e XII, aínda que foi obxecto de importantes reformas no século XVIII, no cal se construíu o pórtico sur e a torre que destaca nesa fachada. Consérvase o sepulcro de San Ramón de Roda, que foi bispo de Roda-Barbastre, e a furna funeraria de San Valero, bispo de Zaragoza.
Foi declarada Monumento Nacional en 1924.[1] O seu valor histórico e cultural converteuna nun centro de atracción turística.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas