A terminación -er emmudece o -r- (como é propio do dialecto noroccidental) mais a pronuncia do e é marcadamente aberto. Carrer pronúnciase, tal que logo, "carrè".
Consonantismo
A máis evidente e exclusiva entre os dialectos cataláns, a palatalización da consoante lateral oclusiva: cllau (por 'clau'), bllat (por 'blat'), fllor por 'flor'), e tamén noutros grupos consonánticos como parllar (por 'parlar') ou Cerller (topónimo autóctono).
Enxordecemento das consoantes sibilantes sonoras (como no valenciano apitxat): a diferenza entre o s xordo e o s sonoro perdeuse, simplicándose no s sordo: "cassa" por casa.
A sibilante palatal [S] soa como "tx", agás cando vai tras un i: caixa, baixar...
Algúns "j" e "i+g" pronúncianse como un "i" consonántico: "maió" por major, "mai" por maig... Mais non sempre é así: mig, raig... Tamén hai casos non que se transformou en muda: barrejar, festejar...
Morfoloxía
Morfoloxía nominal
Preserva un sistema de demostrativos de tres graos (como o valenciano): esto esta estos estes; eixo eixa eixos eixes e aquell aquella aquells aquelles; tamén nos neutros açò, això, allò; e nos locativos ací, astí, allí (ou allá)
Conserva a forma medieval plena do artigo determinado masculino: "lo" e "los". Cando fai sinalefa coa vogal anterior, pasan a "el" e a "els", pronunciándose 'l e 'ls.
Os pronomes adverbiais ho e hi alternan con hue e hie (pensa-hie)
Substitución de gens por molla (No nya-hi molla de boira)
Cap a substitúese por enta, enda ou ta (camí ta dalt)
Morfoloxía verbal
Preserva o -v- (pronunciado [b]) nas terminacións dos imperfectos dos verbos das tres terminacións (como no pallarés ou no alguerés): jo parlava, jo temiva, jo partiva.
Como é propio do dialecto noroccidental, o a final das terceiras persoas do singular do presente de indicativo, do imperfecto de indicativo e do condicional pronúnciase [e]: ell parle, parlave, parlarie.
Segue o modelo do bloque occidental polo que fai ao presente de subxuntivo (parle, parles, parle, parlem, parleu, parlen) e o imperfecto de subxuntivo (parlés, parlesses, parlés, parléssem, parlésseu, parlessen).
Conxúganse de forma incoativa todos os verbos da terceira conxugación e, como é propiio do bloque occidental, o incoativo é "ix" ou "isc", pero coa particularidade que "ix" pronúnciase [is] "iss", nunca "i+xeix" [iS].
Léxico
O ribagorzano presenta palabras comúns ao resto dos dialectos pirenaicos do catalán:bres (berce), compartidas co aragonés: ababol ou babol (papoula), co gascón: auca (ganso) ou específicos: cotxo (can), amortar (apagar), tarna (anaco)
O caso do benasqués
O benasqués fálase no Val de Benasque e constitúe unha fala de transición entre o aragonés e o catalán que boa parte dos lingüistas consideran dentro do diasistema aragonés (Menéndez Pidal, Badia, Borja Moll, Manuel Alvar ou Joan Veny)
Véxase tamén
Bibliografía
Joan Veny Els parlars catalans (Síntesi de dialectologia). Editorial Moll, 1998