O castro de Vilar é un castro situado no lugar de Vilar na parroquia de Crendes, no concello coruñés de Abegondo.
Morfoloxía
O castro ten unhas dimensións de 275 por 187 metros e estimouse que se trata dun pequeno castro elíptico rodeado dunha dobre liña de murallas ou terrapléns. Mais o sitio atópase moi alterado por ter sido alterada a zona sur e norte deste e é complexo establecer a súa morfoloxía orixinal.[1].
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non é visitable.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos