Castro de Santa Marta

Castro de Santa Marta
ParroquiaBaíña
ConcelloBaiona
ProvinciaPontevedra
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA36003002
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Santa Marta é un castro situado na península de Santa Marta, na parroquia de Baíña, concello pontevedrés de Baiona.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado situado sobre unha península que constitúe unha defensa natural.

Está organizado mediante aterrazamentos. Non hai indicios visibles da existencia de edificios nin defensas, excepción feita do terraplén da croa, de difícil datación. Está parcialmente alterado por obras de construción. Sobre a croa hai unha capela de orixe medieval cuxa contorna foi recentemente axardinada, e no extremo oposto á praia hai un peirao.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas