O castro de San Román é un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha.
Morfoloxía
Consta dun recinto fortificado cun parapeto moi alterado, dunha altura exterior de arredor de metro e medio. Na parte sur hai unha zona aterrazada, posiblemente un antecastro.
A instalación de torres de telefonía, edificios de recente construción, canteiras e camiños alteraron gravemente a estrutura.
O conxunto ten planta sensiblemente circular, cuns 180 metros de diámetro máximo.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas