O castro de Flores ou Flores de Turreiro, é un castro situado no lugar de Flores na parroquia de Feás, no concello coruñés de Aranga.
Descrición
O castro de Flores consta dun recinto fortificado de planta ovalada do que se conservan parte das defensas, sobre todo no cuadrante sueste. Existe un recinto principal ó que seguen un sistema defensivo conformado por outros parapetos cos seus respectivos foxos.
Ó norte hai unha caída moi forte cara ao río Mandeo, que fai de defensa natural.[1].
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos