O castro de Celeiros é un poboado castrexo situado no concello de Ponteareas, na parroquia de San Fins de Celeiros.
Atópase na cima do outeiro do Castro. Por culpa das construcións que se fixeron enriba da acrópole, como por exemplo a igrexa de Celeiros, está case desaparecido, só se conservan algúns restos de terrazas e parapetos.