Castro das Rodas

Castro das Rodas
ParroquiaCumbraos
ConcelloMesía
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15047007
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de ferro
Extensión estimada0,4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Couto das Rodas é un poboado castrexo situado no lugar de Fonte Fría na parroquia de Cumbraos (Mesía).

Morfoloxía

O castro consta de dous recintos. O primeiro é un antecastro, que conserva parte dos parapetos na zona meridional e no resto o achanzamento que ven definido polo terraplén. O segundo é a croa, a unha maior altura, que ten tamén parapetos na parte meridional, con pouca caída cara ao interior, e duns 3 metros cara ao antecastro. O primeiro parapeto está atravesado por un camiño que se bifurca nun ramal interior da croa e outro que primeiro o fai no eixo N-S nuns 45 m e logo no antecastro uns 20 metros [1].

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

Conservación

A titularidade está en mans privadas e a súa conservación depende de posibles construcións de pistas [1].

Notas

  1. 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.

Véxase tamén

Outros artigos