Casto Cela Díaz, nado en Cerdido en 1896 e finado no mesmo concello en 1948, foi un político galego.
Traxectoria
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado civil de Cerdido en agosto.[1] Cesou no cargo en marzo de 1937.[2] Foi axustizado pola guerrilla en 1948 na Vila da Igrexa con José Sabio Rodríguez.
Notas
- ↑ BOP A Coruña, 24-8-1936, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 25-3-1937, p. 5.
Véxase tamén
Bibliografía