Castle é unha serie de televisión estadounidense protagonizada polos canadenses Nathan Fillion e Stana Katić. É emitida orixinalmente pola ABC, a estrea da serie foi o 9 de marzo de 2009. En España estreouse o 29 de xuño de 2009 e emítese en Cuatro, AXN e Divinity.
Sinopse
Cando o escritor de novelas de misterio Richard Castle (Nathan Fillion) queda sen inspiración, esta parece volver a chamar á porta cando un presunto asasino en serie imita os asasinatos das súas novelas. Colaborando neste primeiro caso coa detective Kate Beckett (Stana Katić), atopa en ela a inspiración para un novo libro e decide acompañala nos novos casos aínda que Kate Beckett vai obrigada nos seus primeiros casos polo capitán Roy Montgomery (Ruben Santiago-Hudson). A trama xira en torno aos distintos casos que van resolvendo. Estes casos serven da inspiración a Castle, quen escribe moitos libros e se converte nun escritor de fama mundial.
Elenco de actores
Crítica
En marzo de 2012, a serie obtiña en Metacitic unha puntuación de 53 puntos sobre 100 baseada en 22 análises da crítica especializada; mentres, a do pública, baseada en 180 valoracións, dáballe unha puntuación global de 9,3 sobre 10.[1] En IMDb a serie obtén unha puntuación do público de 8,3 sobre 10 baseada na votación de cerca de 22.000 usuarios.[2]
Ata esa data, obtivo 14 nomeamentos en diferentes premios e categorías gañado. Destacou en 4 nomeamentos aos Emmys (Primetime). Ademais, tivo 5 nomeamentos aos People's Choice Awards, gañou tres anos consecutivos ao premio de Mellor drama criminal en televisión.[2][3]
Tempadas
Notas