O forte orixinal foi construído pola familia Laffin (Laffan) a finais do século XV. A sala fortificada de dous pisos agregouse no século XVI, engadindo tamén ameas. A facenda dos Laffin era bastante pequena, 86 ha (210 acres). Isto suxire que outras fontes de ingresos, como a pesca e o comercio, deben de haber financiado o castelo.
Os Laffin perderon Slade trala Rebelión irlandesa de 1641. Empregouse como almacén de sal ata o século XIX, momento no cal o castelo converteuse nunha vivenda de alugueiro. Cando a Oficina de Obras Públicas (Office of Public Works) se fixo cargo do castelo na década de 1940, foi restaurado á súa antiga condición.[4][5]
Edificación
A parte máis antiga do castelo é a torre de catro pisos. A planta baixa e o terceiro piso teñen teitos abovedados, con ameas irlandesas no parapeto, dende onde hai formidábeis vistas da baía de Bannow e do porto de Waterford, importantes para a defensa. A porta de entrada está protexida por un matacán e un buraco de asasinato. No segundo piso consérvanse unha cheminea e un roupeiro. Ás tres habitacións da planta baixa non se pode acceder dende as vivendas de arriba e poden haber sido empregadas como almacéns.
O ástrago ten dous pisos, coa entrada protexida por un buraco de asasinato. Hai unha gran cheminea no extremo oeste e un alxube na parede sur. Unha escaleira mural conduce ao piso superior.[6][7]