Casper é un filme estadounidense dirixido por Brad Silberling que foi estrado en 1995. Protagonizado por Bill Pullman e Christina Ricci, está baseado na serie de animación Casper the Friendly Ghost e os libros de banda deseñada.
Sinopse
A señora Crittenden (Cathy Moriarty) contrata ó doutor Harvey (Bill Pullman), para que exorcice a mansión de Whipstaff, na que habitan catro pantasmas. Tres deles; Látego, Tufo e Gordy non toleran ós mortais dentro da casa e teñen un sentido do humor tan negro que espantan ata ós máis atrevidos. Con eles vive o seu sobriño Casper, xove, amigable e farto dos seus tíos. Crittenden quere atopar un tesouro agochado no edificio. Algo que oculta ó doutor Harvey, que se presenta na mansión coa súa filla Kat (Christina Ricci), unha adolescente soñadora. A filla de Harvey e Casper coñécense e comezan a levarse estupendamente dende moi cedo. Ambos son adolescentes e teñen problemas para relacionarse. De Casper foxe todo o mundo porque é unha pantasma e de Kat, en canto se decatan da profesión do seu pai.
Personaxes
Cameos
Banda sonora
- "No Sign of Ghosts"
- "Carrigan and Dibbs"
- "Strangers in the House"
- "First Haunting/The Swordfight"
- "March of the Exorcists"
- "Lighthouse—Casper & Kat"
- "Casper Makes Breakfast"
- "Fond Memories"
- "'Dying' to Be a Ghost"
- "Casper's Lullaby"
- "Descent to Lazarus"
- "One Last Wish"
- "Remember Me This Way" – Jordan Hill
- "Casper the Friendly Ghost" – Little Richard
- "The Uncles Swing/End Credits"
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas