Casimiro Velo de la Viña, natural de Pontevedra e finado en Vigo o 26 de febreiro de 1936, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
Sobriño de Lino Velo Castiñeiras. Foi redactor de El Iris Literario de Pontevedra. Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid. Foi nomeado fiscal de Pontevedra en 1893,[1] e secretario da Sociedad Económica de Pontevedra. Foi notario de Vigo dende 1901. Finou en Vigo o 26 de febreiro de 1936.[2]
Vida persoal
Casou en 1896 con Sandalia Temes Nieto, filla de Joaquín Temes Trujeda.[3]
Notas
- ↑ El Regional, 27-8-1893, p. 2.
- ↑ Diario de Pontevedra, 4-3-1937, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 30-9-1896, p. 2.