Casimiro Salgado Castro foi un político galego.
Traxectoria
Presidente da Agrupación Socialista de Codosedo. Foi elixido alcalde de Sarreaus o 22 de marzo de 1936, logo de tomar posesión como concelleiro xestor nomeado polo Gobernador civil. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foille clausurada a casa na que tiña a sede a AS; despois solicitou a condonación e afiliouse a Falange para non ser molestado. Foi procesado por encubremento pero a causa foi sobresida o 20 de xuño de 1939.
Véxase tamén
Bibliografía
- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus: Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. pp. 105–106. ISBN 978-84-612-6855-9.