Casa de area e néboa

Casa de area e néboa
Ficha técnica
Título orixinalHouse of Sand and Fog
DirectorVadim Perelman
ProdutorVadim Perelman
Michael London
GuiónVadim Perelman
Shawn Lawrence Otto
Baseado enNovela de Andre Dubus III
IntérpretesJennifer Connelly
Ben Kingsley
Ron Eldard
Shohreh Aghdashloo
MúsicaJames Horner
Elton Ahi
FotografíaRoger Deakins
MontaxeLisa Zeno Churgin
DistribuidoraDreamWorks Distribution LLC (EUA)
Miramax Films (RU)
Estrea 26 de decembro de 2003
Galicia 7 de maio de 2008 (TVG)
Duración120 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$16 500 000[1]
Recadación$16 942 795
Na rede
http://www.miramax.com/movie/house-of-sand-and-fog
IMDB: tt0315983 Filmaffinity: 740447 Allocine: 44659 Rottentomatoes: m/house_of_sand_and_fog Mojo: houseofsandandfog Allmovie: v281579 TCM: 411873 Metacritic: movie/house-of-sand-and-fog TV.com: movies/house-of-sand-and-fog Netlix: 60031273 Editar o valor en Wikidata

Casa de area e néboa (en inglés: House of Sand and Fog) é unha película do 2003 baseada na novela homónima escrita por Andre Dubus III. É a ópera prima como director de Vadim Perelman. Estreouse en galego na TVG o 7 de maio de 2008.[2]

Sinopse

Unha muller desempregada, Kathy (Jennifer Connelly), vive nunha casa herdada dos seus pais, nela creceu e viviu até ficar soa, despois do seu divorcio. Por non pagar os impostos, o condado embárgalle a casa e póxaa. A propiedade é adxudicada a unha familia de inmigrantes iranianos por unha contía moi por debaixo do seu valor. A súa antiga propietaria négase a deixar a súa casa e acaba provocando conflitos cos novos propietarios, isto coa axuda dun policía que coñecera durante o desaloxo, Lester Burdon (Ron Eldard), que se acaba namorando dela e deixando o seu matrimonio

O matrimonio iraniano composto polo coronel Massoud Amir Behrani, a súa dona Nadi e o fillo Esmail, múdanse a esa casa por problemas económicos e teñen pensado revendela por un prezo máis alto do que lle custou.

O condado recoñece un erro no procedemento, mais para desfacer a venda o actual dono quere que se lle pague o seu verdadeiro valor comercial e o condado non o acepta. O policía intenta amedrentar ao coronel Massoud Amir Behrani para que se retracte da venda e lle devolva a vivenda á antiga dona, mais este non se deixará asoballar e acaba denunciando ao policía ante os seus superiores.

Un día no que Kathy se encontra mal, bébeda e soa, diríxese á entrada da súa antiga e inténtase pegar un tiro. A familia iraniana óllaa e auxíliaa da súa crise. Pouco despois, cando estaba tomando un baño que lle recomendara a señora Nadi, Kathy reintentará o suicidio tomándose un frasco de pastillas, mais dana salvado facéndolle golsar o que consumira. Pouco despois aparece o axente Burdon e encontrándose coa Kathy moribunda, pensando que foron os iranianos quen lle fixeron mal e péchaos a punta de pistola no seu cuarto de baño. Ao día seguinte pactan unha arranxo para este problema pero todo acabará retorto.

Diríxense á "Casa do Condado" o policía Burdon, o pai e o fillo para arranxar os papeis que farán desfacela venda. Na rúa o fillo arrebátalle a arma ao Burdon e outros axentes que estaban arredor dispáranlle e matan o rapaz pensando que era un delincuente. Logo, Massoud Amir Behrani, o vello, envelenará a súa muller e el asfixiarase envolvendo unha bolsa de plástico á cabeza. Burdon acaba no cárcere e a sorte de Kathy é descoñecida, sendo un final aberto para ela, aínda que nunha escena final pregúntanlle se aquela era a súa casa e ela responde que non, en contraste do que dixo durante todo o filme.

Elenco de actores

Premios

Globo de Ouro

Independent Spirit Awards

  • Mellor actor principal – Ben Kingsley (candidato)
  • Mellor actriz secundaria – Shohreh Aghdashloo (gañadora)
  • Mellor filme de novel – Vadim Perelman (candidato)

Oscar

Premio do Sindicato de Actores

  • Mellor actor principal – Ben Kingsley (candidato)

Notas

  1. http://www.boxofficemojo.com/movies/?id=houseofsandandfog.htm
  2. "Casa de area e néboa na TVG". Diario Siglo XXI. 6 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.