A casa de Sela[1] é unha casa de indianos situada en Ribadeo, construída en 1869 e polo tanto, unha das máis antigas casas de indianos da vila.[2]
Descrición
É unha mansión con planta en U, duns 500 m². Conta cun extenso xardín interno con árbores xa vellas, minguado xa no século XXI pola construción na súa parte traseira dun extenso bloque de vivendas. Hai xa tempo a parte dianteira da mansión abranguía un xardín público, en transformación nestes momentos para facer nel un 'parque de Indianos'.
A mansión foi mandada construír por unha familia retornada de México[3], e na actualidade segue a ser casa familiar.
A súa construción bebe das construcións galegas da época, coa integración do granito entre outros elementos. Non obstante, hai documentos que indican unha certa réplica dunha casa en México. O seu xardín integra vexetación indíxena, palmera incluída. A galería leste é rechamante mesmo dende o exterior do cercado.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas