Casa de Sarmiento

Casa de Sarmiento
caption
Manuscrito do Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia na Biblioteca Nacional de España.

Os Sarmiento foron unha familia castelá estabelecida en Galiza desde o século XV.

Historia

Os Sarmiento pertencen ao numeroso grupo de nobres que recibiron títulos e terras en Galiza do rei Henrique II, que concedeu moitos favores a quen o apoiaba (de aí o seu sobrenome "das Mercés"). Tiñan o título de Adelantado Mayor del Reino e pasaron a ser condes de Ribadavia e Ortigueira. Pese a estar arraigados na Galiza, seguiron vencellados aos seus intereses e alianzas castelás, loitando xunto cos Zúñiga de Monterrei contra os Ulloa e Soutomaior[1]. Contra o século XVI-XVII reclamaban a súa orixe nun suposto príncipe suevo chamado "Sardamiro".

Notas

  1. García Oro Nobleza 73-121.

Véxase tamén

Bibliografía