Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Altamira.
A casa de Altamira foi unha casa nobiliaria galega, vencellada á familia dos Moscoso. Tiñan a casa matriz nas Torres de Altamira, no actual concello de Brión.
Os Moscosos eran unha familia de fidalgos composteláns do século XIV, que con Roi Sánchez de Moscoso se converten en señores de Altamira, e despois con Lope Sánchez de Moscoso (1468-1504) en condes de Altamira.
Foi á Grandeza de España o 31 de outubro de 1613 polo rei Filipe III a favor de Lope de Moscoso Osorio, V conde de Altamira.
Condes de Altamira
Notas
- ↑ Galindo y de Vera, León (1884). Historia, vicisitudes y política tradicional de España respecto de sus posesiones en las costas de Africa. p. 97. Imprenta y Fundición de M. Tello.
Véxase tamén
Bibliografía
- Vasco da Ponte (1986) Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 8450533899
- García, Oro, J. / Potela Silva, Mª J. (2003) La casa de Altamira durante el Renacimiento: estudio introductorio y colección diplomática. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano.
Outros artigos