A Casa da Fonte é unha construción civil situada na parroquia de Ferreira de Pantón, próximo ó lugar da Vila do Mato a medio camiño entre Basillao e a igrexa parroquial.
Arquitectura
A casa posúe unha planta en forma de escuadro. Polo exterior, na contra da fachada norte ten unha porta e fiestras no piso. Na fachada do leste ten unha porta nos baixos, e arriba máis fiestras, unha delas con montante. A á oeste, está adicada ás dependencias do gando e ós servizos agrícolas.
O ángulo da escuadra é ocupado por un patio, que serve de acceso a unha especie de solaina por medio dunha escalinata que dá acceso á planta principal. Pecha o patio un portón cun arco de granito. Na casa atópase un pombal con forma de torre, de forma cadrada, cunha fiestra a media altura e con porteliñas para a saída das pombas.[1]
A adega da casa da Fonte atópase na entrada do camiño que leva á casa[2]. Foi construída no ano 1756, como reza unha inscrición da porta. É unha adega que tivo moita importancia na contorna, e nela traballaban xentes da aldea próxima de Basillao. Seguiu traballando até mediados do século XX. Diante dela tiña dous castiñeiros centenarios, que daban moitas castañas que as xentes da casa e de Basillao consumían, e tras a adega tiña dúas sobreiras para facelas cortizas. Ademais ó carón da adega había unha corte para o gando.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas