A casa consistorial do Porriño é a sede do concello homónimo. Corresponde a un edificio construído dende 1919 a 1924 polo arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo dentro da corrente rexionalista.[1] Os deseños son realizados sen encarga previa, e ensaia nun pequeno soar un edificio con carácter monumental. Algúns autores de Galiza gabaron o labor comparándoo ao dun poeta.[2]
En setembro de 1976 a casa consistorial sufriu un grave incendio, que destruíu totalmente o interior do edificio e gretou parte dos seus muros exteriores de pedra.[3]
Notas
Véxase tamén