O carrán bengalés[2][3] (Thalasseus bengalensis) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Sternidae.
Características
É moi semellante ó carrán cristado. A diferenza fundamental é o peteiro, xa que é de cor alaranxada. Tamén se pode confundir co carrán real, mais a especie bengalensis é unha ave máis pequena, cun voo máis estilizado e co peteiro máis fino.
Distribución
Distribúse ó longo da costa africana. A poboación do norte de África migra cara ó noroeste de África, sendo unha especie moi rara en Europa. Historicamente tense documentado a cría en Andalucía e o sur de Italia. En España, só cría de maneira confirmada e continuada no Parque Natural do Delta do Ebro, ás veces hibridando co carrán cristado.