| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
- relevancia? redacción? contido?
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2019) |
{{ Proxecto escolar}}
Tixós é unha pequena aldea situada no concello de Baltar, na provincia de Ourense. No mes de agosto celébranse as festas en onra a San Salvador, que se leva de procesión ata a súa capela,que se atopa a medio quilometro da igrexa, onde se lle celebra unha misa e volvese de volta a igrexa. A carreira de segadoras lévase a cabo por cinco mozos do pobo que desempeñaron a función de mordomos en ditas festas. A parte do baile os mordomos decidiron organizar a maiores este xogo, porque é diferente e innovador, xa que o orfamento para a realización das festas era escaso. A elaboración de ditas carreiras levouse a cabo durante tres edicións, dúas delas consecutivas nos anos 2010 e 2011 e a terceira no ano 2015.
Características da carreira
Levase a cabo nun prado de grandes dimensións. O prado pertencía a un dos veciños da aldea, que o cedeu para que se puidese levar a cabo o evento, o prado atopábase segado o que facilitou a tarefa para delimitar o circuíto. O circuíto delimitábase con cintas e pacas de herba, que realizaban a función de limitar a pista pola que ían os participantes durante a carreira.
A maquinaria estaba en desuso, gardada nos alpendres de cada un dos participantes ou familiares dos mesmos, a velocidade máxima que podían acadar era de 20 km/h. Todos e cada un dos participantes comezaron a poñelas a punto, revisándoas, pintándoas, xa que algunhas delas se atopaban oxidadas e averiadas ou algunha roda pinchada.
O número de participantes era doce, dentro dos que se atopaban os mozos da aldea, e algúns a maiores que viñan das aldeas veciñas. Levaban un número no dorso para diferencialos.
A proba realizábase de dous en dous, íanse eliminando participantes ata quedar só dous finalistas clasificados. Máis tarde ao rematar a carreira, os clasificados achegábanse ao lugar onde se levaba a cabo a festa cos músicos, nas súas segadoras e subían ao escenario recoller os premios. Os trofeos fíxoos un veciño da aldea, que era canteiro, a base estaba feita de madeira e a parte superior era de pedra tallada cun gravado celta.
Bibliografía
Recuperado de: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-solaina-de-veran-programa-30 (minuto 20-24)
Recuperado de: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-solaina-de-veran-programa-31 (minuto 30-36)