Carolina García Otero

Modelo:BiografíaCarolina García Otero
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor en Wikidata

Carolina García Otero, nada en Pontevedra o 23 de novembro de 1999, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de 2023 e participou nos Xogos Olímpicos de 2024

Traxectoria

En 2023 conseguiu a medalla de bronce no Campionato Mundial celebrado en Duisburgo, na proba de K4 500 metros, na que competiu xunto a Sara Ouzande, Estefanía Fernández e a tamén pontevedresa Teresa Portela. Con este resultado logrou tamén a clasificación para os seus primeiros Xogos Olímpicos.[1][2]

Xa en París participou en dúas modalidades, K-4 e K-2, ambas sobre a distancia de 500 metros. Na primeira delas competiu formando equipo xunto a Ouzande, Fernández e Portela, conseguindo o pase á final ao primeiro intento.[3] Xa na final só puideron ser sextas, a menos de dous segundos da piragua neozelandesa, medalla de ouro.[4] Menos fortuna tivo no K-2, no que participou xunto a Ouzande. Lograron o pase ás semifinais, pero non á final, ao rematar sextas na súa serie. Na final de consolación non conseguiron cruzar a meta, ao envorcar o seu caiac nos metros finais.[5]

Palmarés internacional

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2023 Alemaña Duisburgo Medalla de bronce Bronce K4 500 m


Notas

  1. "La leyenda de Teresa Portela abarca el infinito" (en castelán). 26 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  2. Llácer, Daniel (31 de agosto de 2023). "Rumbo a París a golpe de remo". Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  3. Refojos, Borja (6 de agosto de 2024). "Teresa Portela, a la final de K4 500: siete Juegos, siete finales" (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  4. Alonso, Paulo (8 de agosto de 2024). "Teresa Portela y Carolina García, sextas en la final de K4 500 de los Juegos Olímpicos de París". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  5. Carrazoni Mier, Yuri (10 de agosto de 2024). "Despedida accidentada de García e Ouzande, que non puideron rematar a final B do K2 500 após envorcar o caiac". Nós Diario. Consultado o 10 de agosto de 2024. 


Ligazóns externas